Desde a agrupación local de Esquerda Unida do Grove, queremos amosar o noso malestar pola cancelación do pleno ordinario correspondente ao mes de marzo por parte do alcalde.
Para EU, a cancelación do pleno non se xustifica con que non houbese mocións presentadas en prazo para incluir na orde do día, pois aínda quedarían os puntos de mocións de urxencia e de rogos e preguntas (sen contar a aprobación de actas anteriores ou a dación de contas dos decretos emitidos pola alcaldía), puntos que por si mesmos poden alcalzar gran importancia para os intereses dos veciños e veciñas, pois é a través dos rogos e preguntas como a oposición controla ao goberno e transmite as peticións que os veciños lles fan, e que poden ser cuestións que se lle tivesen escapado ao goberno, e tal vez signifique a posta en marcha de algunha solución ou iniciativa.
En canto ás mocións de urxencia, o noso concelleiro na corporación local, Xan Lamelas, presentou dúas mocións para ser incluídas na orde do día pola vía de urxencia e debatidas no pleno que se tería que ter realizado este pasado luns, e que terán que agardar a outra ocasión para o seu debate e votación plenaria.
Polo tanto, desde Esquerda Unida pretendemos que unha situación como esta non se volva a repetir, polo ben dos intereses veciñais e do
funcionamento democrático das institucións municipais.
Mocións que pretendía presentar EU:
Publicado en Concello, Plenos | Deixar un comentario »

O subdelegado do goberno en Pontevedra decidiu iniciar un procedemento sancionador contra Juan Carlos Carrillo Claro por manifestarse en Ponteareas en solidariedade co pobo de Gaza e contra o xenocidio israelí perpetrado de xeito máis notorio a finais de ano 2008 e principios de 2009.
Dende EU-IU consideramos que o goberno do PSOE actúa así, sabedor de que esta sanción non procede, porque a constitución e a lei ampara o dereito de reunión e manifestación; de que o comportamento deste compañeiro foi, ademais de exemplar, perfectamente legal.
Continuar lendo »
Publicado en Izquierda Unida, Outros | Etiquetado Palestina, solidariedade | Deixar un comentario »
As agrupacións locais de Esquerda Unida, Partido Comunista de Galicia, e Xuventude Comunista Galega do Grove, secundan e animan a participar na concentración que terá lugar este sábado 28 de marzo en Vigo pola nacionalización da banca e en contra da cirse capitalista que nos afecta, dentro da xornada mundial de mobilizacións acordada no Foro Social Mundial. Por este motivo, militantes do Grove da nosa organización desprazarémonos até a cidade viguesa para xunto cons nosos compañeiros protestar en contra da situación actual de crise e reclamar a posta en marcha das medidas necesarias para atallala.
Continuar lendo »
Publicado en Izquierda Unida, Xuventude Comunista | Etiquetado 28 marzo, concentración, crise, PCG | Deixar un comentario »
Todogrove.com
O Grove 1979-2009, 30 anos de Concellos Democráticos, é o epígrafe elixido pola Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica O Grove, para a celebración de diversos actos conmemorativos deste 30 aniversario, que se desenvolverán no Grove entre o 3 e 18 de abril.
Continuar lendo »
Publicado en Outros | Etiquetado armh, memoria histórica, o grove | Deixar un comentario »
Europa Press
O coordinador xeral de Izquierda Unida, Cayo Lara, anunciou hoxe unha serie de iniciativas para combater a crise e a falta de liquidez, entre as que destaca a proposición dunha inxección de capital do Estado a través do Instituto de Crédito Oficial (ICO) aos concellos, para “atenuar a situación de falta de liquidez que teñen as PEMEs”.
Para Cayo Lara, este plan de axuda solucionará o problema de liquidez que teñen as PEMEs que, segundo dixo, están despedindo a xente debido ás débedas contraídas dos concellos con moitos proveedores.
Ademais, recomendou que o diñeiro que paguen eses concellos endebedados teña un tipo de interese equiparable ao establecido polo Banco Central Europeo (BCE), actualmente no 1,5%.
Durante un acto celebrado en Getafe, dentro da campaña ‘1.000 actos contra a crise’ iniciada pola agrupación de esquerdas, Lara considerou que a medida anunciada onte polo vicepresidente económico, Pedro Solbes, sobre unha posible inxección por parte do Estado de 3.000 millóns de dólares ás arcas do FMI “non é a solución, porque non podemos sacarlles o diñeiro aos cidadáns dos recursos de todos para que os banqueiros tapen os seus buracos negros”, declarou a Europa Press.
Neste sentido, denunciou a actitude da banca que “ante a crise profunda e severa que creou o sistema financeiro internacional, que estiveron xogando a esa gran economía de casino, agora veñen pedirlle ao estado que solucione as perdas tan inmensas” polo que defenden “a creación dunha banca pública”.
O coordinador xeral de IU tamén subliñou que “o Estado está a enfraquecer, non ten músculo económico suficiente para poder intervir nas situacións de crises profundas e en distintos sectores da economía produtiva do noso país”, porque “os gobernos do PP e do PSOE cargáronse unha parte importante da política da facenda pública, mediante a privatización dos sectores estratéxicos do país”.
Publicado en Izquierda Unida | Etiquetado Cayo Lara, crise, propostas | Deixar un comentario »
Ante as mobilizacións que veñen protagonizando miles de estudantes no noso país e outros moitos países europeos contra o chamado proceso de Boloña, Esquerda Unida desexa facer chegar ao conxunto da cidadanía o seu apoio a ditas mobilizacións, que responden a unha lexítima e xustificada preocupación pola implantación de novos plans de estudo (no marco do Espazo Europeo de Educación Superior), sen un debate amplo e en profundidade con participación de toda a comunidade universitaria. Continuar lendo »
Publicado en Izquierda Unida, Outros, Xuventude Comunista | Etiquetado Boloña, universidade | Deixar un comentario »

Aínda que xa manifestamos que o Goberno do PSOE está máis preocupado pola imaxe que polas políticas reais de cambio e transformación, a realidade preséntase moito máis crúa do que pensabamos conforme vai avanzando a lexislatura.
Continuar lendo »
Publicado en Outros | Etiquetado 8 de marzo, igualdade | Deixar un comentario »
A páxina de Esquerda Unida do Grove forma parte de Praza Vermella, o agregador de páxinas de Izquierda Unida e a súa contorna.
Esta iniciativa pretende contribuír a visibilizar e coordinar a multitude de páxinas de IU, a maioría locais, rexionais ou sectoriales, está impulsada por dous compañeiros: Ceros a la izquierda e ceronegativo.
Praza Vermella funciona como un “agregador” das páxinas inscritas onde se pode ver a última actualización de cada unha por orde cronológico. O modelo está tomado da exitosa páxina I love IU que congrega á maioría dos blogs afíns a IU.
Publicado en Izquierda Unida, Outros | Etiquetado I love IU, Plaza Roja, Praza Vermella | 1 Comentario »
HISTÓRICA PARTICIPACIÓN
Esquerda Unida valora a histórica participación nesta chamada ás urnas, o que incide na madurez democrática do pobo galego, acadando unha porcentaxe do 70,19 %.
O BIPARTITO PERDE O GOBERNO POLO CONTINUISMO NAS SÚAS POLÍTICAS
As políticas continuistas do bipartito xeraron frustración na esquerda e non foron quen de construir a alternativa no noso país. Estas políticas son as responsables da perda dos deputados do bipartito.
ESQUERDA UNIDA FORZA DE ASCENSO EN GALICIA
Neste contexto Esquerda Unida, a pesar da concurrencia doutras formacións políticas e da bipolarización política entre o bipartito e o PP, foi quen de mellorar os seus resultados electorias , en número de votos e en porcentaxe.
O DISCURSO DE ESQUERDA UNIDA MANIFESTOU DURANTE A CAMPAÑA QUE O BIPARTITO NON COÑECÍA O NOSO PAÍS.
Con certeza, ESQUERDA UNIDA amosou en todos e cada un dos seus actos a distancia existente entre o bipartito e a realidade da sociedade galega , distancia que se amosaba na propia campaña pola falta de propostas e iniciativas políticas ante a crise e o desencanto da esquerda.
ESQUERDA UNIDA AFRONTA CON NOVOS FOLGOS ESTA NOVA ETAPA POLÍTICA
ESQUERDA UNIDA á vista destes resultados é consciente do espazo político existente en Galicia, espazo humilde, pero en constante crecemento . Por elo, esta formación política continuará na defensa da REFORMA ELECTORAL no noso país , trucado no día de hoxe, por non existir a democracia. A desigualdade dos votos, a barreira legal situada no 5%, o voto da emigración, as circusncripcións electorais impiden unha realidade plural e igualitaria en Galicia.
Con folgos e propostas continuaremos loitando para mudar este realidade.
Publicado en Izquierda Unida | Etiquetado Eleccións 2009 | 5 Comentarios »
Febreiro 27, 2009 by admin
Descarga a carta que a nosa candidata á presidencia da Xunta de Galicia, Yolanda Díaz, escrebe para todos os galegos e galegas con motivo da celebración, este próximo domingo, día 1 de marzo, de Eleccións ao Parlamento de Galicia, onde a nosa organización Esquerda Unida, co teu voto, coa túa axuda, pode entrar no Parlamento para levar alí a voz dos traballadores e traballadoras, dos excluídos, e de todos aqueles que non se sinten representados nas políticas unitarias dos tres partidos con representación na cámara galega.
Publicado en Precampaña e Campaña Electoral | Etiquetado Eleccións 2009, Yolanda Díaz | Deixar un comentario »