A Rúa é o nome do novo boletín local de Esquerda Unida de Ogrove. Nel iremos publicando peirodicamente novas da agrupación local, actividades do noso concelleiro a nível municipal xunto con outros contidos que consideremos de interese. O boletín terá tirada impresa, que será repartida de valde, e ademias poderáse descargar en formato pdf desde esta mesma páxina.
Tomamos o nome de A Rúa para o noso boletín xa que consideramos que é a voz das persoas que se atopan na rúa, traballadores e traballadoras, estudantes, etcétera, a que debemos e queremos escoitar desde EU para poder trasladar as solucións que estes demandan aos seus problemas. Non debemos esquecernos tampouco de que esta mesma denominación foi a que o Partido Comunista de Galicia (partido integrante de EU) tomara tamén para o seu boletín nestas terras mecas.
Agardamos que A Rúa sexa un vehículo de comunicación útil entre a agrupación local de EU e os veciños e veciñas de Ogrove, e para iso estamos abertoas ás suxerencias que nos poidades facer para mellorálo.




Todo o apoio hacia o boletin dende vilagarcia.
abaixo o conformismo dunha xuventude extiguida.
pasaros polo foro e apaxina: http://www.redvga.es/xcv