Feeds:
Entradas
Comentarios

Archivar como 27 febrero 2010

Desde a Agrupación Local de Esquerda Unida do Grove facemos un chamamento a todos os veciños e veciñas para que acudan o vindeiro día 2 de marzo á manifestación convocada polos sindicatos CCOO e UXT en Vilagarcía de Arousa en contra da proposta do Goberno do Estado de aumentar a idade de xubilación até os 67 anos, o denominado “pensionazo”.

A Clase Traballadora non debemos permitir nen un só recorte social. O Goberno do Estado pretende con esta medida, que ademais de elevar a idade de xubilación aos 67 anos reducirá o importe económico das pensións pola vía de ampliar o número de anos que se teñen en conta para calcular a denominada base reguladora, facer das pensións públicas algo residual, fomentando os plans de pensións privados, nunha manobra máis para favorecer á Banca e os seus negocios.

Ante este ataque aos nosos dereitos debemos mobilizarnos, e máis se temos en conta que esta proposta ven dun goberno sustentado polo PSOE, que unha vez máis demostra non ser un partido de esquerdas. Este Goberno e o seu partido non representan os intereses dos traballadores e traballadoras, facendo súas propostas do PP que nen tan sequera a dereita cando está no goberno é capaz de sacar adiante por medo á resposta popular.

A manifestación sairá ás 20 horas desde a Casa do Mar de Vilagarcía na Avenida da Mariña.

Read Full Post »

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.