O pleno do Concello do Grove ven de aprobar a proposta de Esquerda Unida de declarar ao Concello zona libre de transxénicos, así como outras medidas de carácter municipal para garantir que os cidadáns grovenses poidan acceder a alimentos sen organismos modificados xeneticamente.
Entre estas medidas, atópase a de non expeder comida ou bebidas elaboradas con OMXs en instalacións municipais, como poden ser por exemplo os comedores escolares ou o mercado municipal, ou a declaración nas ordeanzas do concello de actividade nociva a plantación de plantas modificadas xenéticamente. Tamén se acordou dar traslado deste acordo á Xunta de Galicia e ao Goberno de España para que tomen medidas ao respecto nos ámbitos das súas competencias, seguindo o exemplo de países como Francia, Austria, Hungría ou Grecia.
Moción:



