Aínda que ao parecer a súa intención inicial era dar paso a unha nova cara á fronte da candidatura, finalmente o vilagarcián Juan Fajardo está en condicións de liderar de novo a lista coa que Esquerda Unida concorrerá ás eleccións autonómicas do 1 de marzo pola provincia de Pontevedra.
O proceso non se pechaba ata a noite de onte, na que os militantes das agrupacións comarcais foran convocados para votar a proposta deseñada pola comisión provincial de candidaturas. Pero, en principio, ningún factor interponse entre Fajardo e a cabeza da lista pontevedresa, que ocupará por terceira vez consecutiva. Os únicos reparos previsibles a esta decisión poderían haberse producido na propia asemblea de Arousa, á que o candidato pertence. Pero nada teñen que ver coa súa capacidade para facer fronte ao número un, senón coa posibilidade de que a campaña electoral puidese interferir co labor que Juan Fajardo e o seu grupo municipal desenvolven na corporación de Vilagarcía.
A pesar da súa mocidade, Fajardo estreouse nunhas autonómicas en 1997, ocupando o terceiro posto do equipo de EU por Pontevedra. Nas dúas citas seguintes, as do 2001 e a do 2005, situouse xa no primeiro posto, que agora repetirá con toda probabilidade. Juan Fajardo desenvolve a súa actividade profesional no seo de Comisións Obreiras. Foi elixido concelleiro na capital arousá por primeira vez nos comicios municipais do 2003, nos que EU recuperou a representación que, entón como PCE, perdera en 1987. Nas eleccións locais do 2007, a súa formación obtivo un resultado histórico, alcanzando os tres concelleiros e converténdose, desta forma, na principal representación institucional de EU en Galicia por detrás do grupo municipal de Ferrol. O reto de obter algún escano en Santiago é, no entanto, complicado. Nas anteriores autonómicas, no 2005, a coalición apenas obtivo un 0,8% dos votos na provincia.





Entendo e comparto a actitude de Fajardo de dar paso a unha nova cara. Dende logo existe unha diferencia historica de actitudes moi distintas entre o cabeza de lista de EU-IU por Pontevedra e a de A Coruña, das pasadas e presentes eleccións. Fajardo era o mellor candidato para as nacionais de EU-IU nas pasadas eleccións nembargantes o CPN declinouse por Yolanda por unha pequena diferencia de votos e sobre todo porque Yolanda é a candidata do PCG. Nestas eleccións necionais, en EU-IU é moi dificil remontar resultados, se presnete quen se presente, e menos, presentando a mesma candidata das anteriores, sen que a cidadanía visualice un traballo da organización a nivel nacional. Para fortalecer futuras contendas nacionais, deberase dar paso ás bases, e non contar cas vacas sagradas. As comarcas que poidan deberan esforzarse en traballar máis aló da fronteira local, deben adiacar parte do seu traballo a o eido nacional.
A foto elexida pola Voz de Galicia e esta web, non é nada favorecedora. Hai que afeitarse e peinarse
É unha mágoa que os candidat@ co número 5 e 17 pola provincia de Pontevedra non encabecen a candidatura. Sería un recoñecemento ao traballo, adicación, constancia, coherencia, transpariencia, bo facer, etc. de todo o Consello Político Comarcal de Redondela, e de seguro “os resultados electorais serían outros”.