Depositouse a fianza no xulgado e finaliza así a campaña de solidariedade da cal se irá informando do seu proceso e resultado final.
“Recibimos diñeiro de xente do pobo e de fóra, cada un achegou a cantidade que puido e todas son benvidas. Para nós este apoio foi moi importante, non só polo diñeiro senón polo respaldo e o ánimo que dá ver que che apoian” explica Manuel Fuentes, que engade “dános alento para continuar na loita e seguir traballando en todos aqueles comportamentos que non se poden permitir”.
A corporación conseguiu os 133.333 euros e a xuíza non terá que incautar os bens patrimoniais do alcalde e os concelleiros denunciados. Esa era a laxe que pesaba sobre a cabeza de todos eles.
Varias asembleas de IU de localidades próximas a Seseña comprometéronse a achegar o capital que fose necesario para alcanzar a cantidade ditada polo xuíz, o cal se conseguiu grazas á boa vontade dos numerosos cidadáns que se achegaron ou mandaron cartas e notas de apoio ao consistorio.




É preocupante o estado da web oficial de EU-IU, que non se ven actualizando dende o artigo publicado por Xabier Ron o pasado 19 de xuño. Por favor, informen do que está sucedendo, na web e en EU-IU.
Por fin se actualiza a web oficial de EU-IU, evidenciando o motivo pola non actualización da mesma, pois dende a pasada intervención na web de Xabier Ron, o 19 de xuño, abren o período de silencio destacando únicamente a reunión do CPN co único motivo “monográfico” de cara a IX ASEMBLEA FEDERAL. Na Convocatoria advirtese unha reunión previa ó CPN cos coordinadores e coordinadoras comarcais, o que evidencia que alguén botou contas entre @s membr@s do CPN pero non ten garantías e precisa controlar tamén en que actitude e mentalidade acudirán @s coordinador@s, membros lexítimos do CPN. Que teñades sorte, pero moito me temo que alguén ou algúns xa teñan preparada algunha estratexía para controlar o CPN (falta captar @s coordenador@s). Como sempre a a pesar de existri unha crise interna as bases SOBRAN e privaselles a asitencia ós CPNs.