Feeds:
Entradas
Comentarios

Archivar como 19/06/08

LamelasDesde a Agrupación Local de Esquerda Unida, non podemos máis que expresar o noso abraio e repulsa ante a absoluta falta de responsabilidade política e lealdade ao goberno por parte do Bloque Nacionalista Galego, e en concreto do seu concelleiro Antón Mascato. Este grupo político debe aclararse: ou está no goberno, ou está na oposición. Unha cousa é certa: non se pode estar nas dúas partes.

Nas últimas semanas acudimos a unha serie de ataques que por parte do BNG se están a realizar contra Xan Lamelas, concelleiro de Esquerda Unida, minando a unidade do goberno e atacando non só a Lamelas ou á nosa organización, senón atacando e disparando contra o espírito do pacto de goberno, que foi asinado hai agora un ano. Se ao BNG lle molesta que Esquerda Unida esté no goberno, que o diga claramente, e deixe de dar lamentábeis espectáculos a través dos medios de comunicación.

(more…)

Read Full Post »

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.