Este venres 28 arrincou no Grove o obradoiro de emprego Monte das Flores II. Neste obradoiro impartiránse tres módulos formativos (albanelaría, instalacións de enerxías renovábeis e atención a domicilio) contando cun total de 32 alunos maiores de 25 anos.
Desde a Concellaría de Formación en Emprego, que dirixe o concelleiro de Esquerda Unida Xan Lamelas, constatan a gran importancia deste tipo de iniciativas municipais de cara a formar tanto na teoría como na práctica a traballadores para facilitar a busca dun posto de traballo. Sobre todo, revélanse novedosos os módulos de enerxías renovábeis e atención a domicilio, que Lamelas califica como novos xacementos de emprego, pois agárdase un aumento da demanda de man de obra nestes campos.
Máis información:
- El obradoiro de emprego de O Grove arranca con 32 alumnos (La Voz de Galicia)
- Máis dunha trintena de alumnos inauguran a segunda edición do obradoiro Monte das Flores (Diario de Arousa)



