Os ciclos de formación profesional teñen como obxectivo a aprendizaxe dunha profesión. Acadar a utilización dos instrumentos e as técnicas dunha actividade profesional determinada de acordo coas tecnoloxías e as necesidades dunha empresa, ademais de integrar todas aquelas actitudes que permiten ao alunado adaptarse ás situacións laborais presentes e futuras. A pesares disto, desde a Xuventude Comunista consideramos que o actual sistema educativo carece dunha vertente crítica e humanística que forme aos futuros traballadores non só como elementos da engranaxe produtiva, senón tamén como persoas que saiban cuestionar a realidade na que vive.
A precariedade no ensino repercute posteriormente na vida laboral. Tendo en conta que os estudantes de hoxe en día serán os traballadores do futuro, temos que adquirir unha formación de calidade para acadar un posto de traballo digno.
A nosa comarca está a sufrir unha precariedade no ensino das profesións solicitadas pola mocidade. A Consellería de Traballo recomenda unha serie de especialidades demandadas para o Salnés que non se ven reflectidas na oferta de Formación Profesional. Esta situación acrecenta a precariedade na que nos vemos inmersos os mozos e mozas da nosa comarca.
No noso concello proxéctase no único ciclo formativo ofertado por Educación no Instituto Monte da Vila, seguindo a tendencia dos últimos anos. Moitos dos mozos e mozas de Ogrove precisan desprazarse a outras localidades para estudar unha profesión, que moitas veces non se axusta á realidade laboral da nosa localidade.
Dende o Colectivo de Ogrove da Xuventude Comunista Galega reivindicamos que a oferta formativa do Instituto Monte da Vila se axuste a realidade socio-laboral do noso concello.
Pedimos oas órganos competentes, tanto municipais como nacionais, que faga as xestións oportunas para que os ciclos formativos sexan os axeitados e demandados pola xuventude grovense.
Os mozos e mozas de Ogrove queremos ter un futuro laboral digno no noso concello.
Pola educación pública e o dereito ao coñecemento.

