Diario de Arousa / Redacción / O Grove
O concelleiro de Xuventude, o edil de Esquerda Unida Xan Lamelas, comenzou unha serie de reunións cos colectivos xuvenís rexistrados no Concello (Galiza Nova, Enxebre, Xuventude Comunista e Novas Xeracións). A primeira reunión celebrouse coa Xuventude Comunista -das que el mesmo forma parte-, e recolleu propostas sobre o ensino e a oferta de Formación Profesional, e sobre ocio alternativo. Os seguintes en aportar ideas, no día de mañá, serán as xuventudes do BNG. O edil pretende reactivar o Consello Local da Mocidade.



